Páginas

lunes, 28 de septiembre de 2020

Mapa político de España

Cubre o seguinte mapa coas comunidades autónomas e coloréao e despois cubre outro coas provincias de España.
Podes empregar o seguinte mapa para cubrilo se non tes o libro a man pero COIDADO porque este mapa está en castelán e deberás cubrilo en galego.


Velaquí tes os mapas para a descarga. Escolle o que máis che guste ou un para as comunidades autónomas e outro diferente para as provincias
A cor:

En branco e negro:

Mapa físico de España

Completa o seguinte mapa físico entregado na aula, empregando o libro, algún atlas ou o propio Google Maps.

Lembra a suxerencia dada na clase:
AZUL: Mares, ríos e océanos
MARRÓN: Cordilleiras
VERMELLO: Picos (non fai falla que poñas a altitude, aínda que se queres poñer a dos 3 picos máis altos de España, podes facelo)
VERDE: Cabos
LARANXA: Golfos

Mapa físico de Galicia

Localiza  os 12  ríos máis importantes de Galicia, repásaos e escribe o seu nome

viernes, 11 de septiembre de 2020

Lávate ben as mans

Nunha pandemia como a que estamos a vivir é moi importante o lavado de mans. Habitualmente non a lavamos todo o ven que deberiamos, quedando zonas mal esterilizadas, especialmente as que aparecen na seguinte imaxe:
Aquí podes ver un esquema paso a paso de cómo realizar o lavado cada vez que vaias ao baño:

Pero, por se non che quedou claro e queres ver o vídeo, paso a paso, aquí podes consultalo: