sábado, 30 de octubre de 2021

Carteiras recicladas con bricks de leite

Porque con aqueles residuos que a maioría tira, sempre se poden reutilizar para novas funcións.

Despois da explicación na aula e unha grabación de vídeo explicando o proceso, parte do alumnado, animouse a facer a súa propia carteira para gardar os aforros:

Lapiceiros reciclados (latas de atún e brick de leite)

Co gallo do Día Mundial do Aforro que terá lugar o Día 31 do presente mes, quixemos aforrar un pouco na compra de lapiceiros e de paso, contribuir coa reutilización de produtos e reciclaxe, proxecto PLAMBE deste ano






 





 


domingo, 17 de octubre de 2021

Exploramos o universo

Exploramos o Universo by profesorlalin

A lúa e as mareas


Coñecemos por Marea ao movemento periódico e alternativo de ascenso e descenso do nivel do mar, producido polas accións atractivas do Sol, a Lúa e demais corpos astrales, que se repite cada 12 horas 24 minutos. A súa intensidade esta en íntima relación coas posicións relativas que o Sol e a Lúa teñen respecto da terra. 

A Lúa atrae a auga que está máis próxima a ela. Así, a parte do océano que está de cara, bombéase cara a ela. Ao mesmo tempo, no lado oposto da Terra a auga bombéase en sentido contrario pola inercia. A Lúa atrae a toda a Terra, non só á auga. O que pasa é que a terra é ríxida e non se bombea. A inercia resístese á gravidade e tira en sentido contrario. Por iso o océano do outro lado da Terra tamén se bombea, aínda que menos

Cando o nivel esta en un dos máximos de altura, dise que a marea esta chea ou que é pleamar, e cando esta en un dos mínimos, que a marea esta baixa ou que é baixamar.

O Sol tamén atrae a auga dos océanos, pero en menor medida que a Lúa. Aínda que a súa gravidade é maior, ao estar máis lonxe, inflúe menos. O Sol produce mareas máis débiles.
Nas fases crecente e menguante, as mareas son máis pequenas e chámanse mareas mortas. En cambio, cando hai Lúa nova e chea, o Sol, a Lúa e a Terra alíñanse e as mareas son maiores. Chámanse mareas vivas. As mareas máis intensas prodúcense en Lúa nova, xa que a gravidade da Lúa e do Sol tiran na mesma dirección e súmanse.
 
A Lúa controla sempre a hora da marea alta e da marea baixa, mentres que o Sol modifica o grao de ascenso ou de descenso do nivel da auga considerablemente en diferentes épocas do mes.
 

Por que no Mediterráneo non hai mareas? 
No Mediterráneo as mareas son practicamente inapreciables, iso débese, a que é un mar pechado cunha única entrada a través do Estreito de Xibraltar. 
Este paso tan pequeno, é incapaz de absorber a gran cantidade de litros de auga do Océano Atlántico, que ten unha profundidade media de 4.000 m e que por tanto, este gran volume de augas quedan retidas no estreito, actuando como unha billa que pecha o fluxo e crea unha forte corrente de entrada de millóns de metros cúbicos de auga pero incapaces de encher o Mediterráneo ao non haber a velocidade suficiente para o tempo que dura o ciclo da marea. Durante a vaciante, pasa o contrario e no Estreito xérase unha forte corrente de saída cara ao Atlántico. 
 
Exemplos:

 

Eclipses

Breve historia do Big Bang


Meteorito e desaparición dinosaurios

Os seres vivos

Os seres vivos by profesorlalin