miércoles, 29 de abril de 2020

Jueves, 30 de abril

1. Ata o día 8 de maio, rexistrar unha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)

2. Continuar coa lectura do libro de lectura.

3. Tentade neste tempo libre, facer un visionado de fotos antigas cos vosos pais/nais, avós/avoas e tentade comezar a facer a vosa árbore xenealóxica ata onde sexades capaces de chegar (o máis atrás posible)
Digo comezar a facela e ir indagando, non facela nun só día. Non é para rematar hoxe. É para que vaiades recopilando información
Hai unha aplicación online moi chula que non tedes que descargar e vos permite traballar desde a tablet ou desde o ordenador. Só tedes que iniciar coa vosa conta de Google e estaría lista para ser utilizada. O enderezo web é o seguinte:
https://coggle.it/

4. Lembrade pasarme o diario que levades feito, xa sexa escrito, sonoro, a man, a ordenador, unha mistura de vídeos, de sons, de debuxos...

5. Seguir aprendendo a canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)


6. Seguir traballando na montaxe proposta a semana pasada sobre o voso confinamento empregando algunha APP semellante a iMovie que empregaran cos iPads. Nas tablets deles ou nos teléfonos, poden empregarse APPs como Magisto, VivaVideo ou outras similares. (Así estaremos traballando lingua, a creatividade, expresión oral...)
Tamén poderían facer un Stop Motion (en lugar da video-montaxe) cos recursos que teñan a man. Por exemplo PicPac Stop Motion que xa usaron o ano pasado e máis este.
Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo era o seguinte:
https://www.facebook.com/moises.ferreiro/videos/10216137974193229/

Enviar arquivos maiores de 20 Mb por WeTransfer

Educación Artística / EF

Ralentizar a reprodución dun vídeo en Youtube

Moitas veces, é difícil aprender algo nun vídeo se vai demasiado rápido pero tanto en YOUTUBE coma en VLC podemos ralentizalo.
Aquí tedes un vídeo no que se vos explica cómo funciona.

Feliz cumpleaños Félix

martes, 28 de abril de 2020

Miércoles, 29 de abril

1. Ata o día 8 de maio, rexistrar unha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)

2. Tentade neste tempo libre, facer un visionado de fotos antigas cos vosos pais/nais, avós/avoas e tentade comezar a facer a vosa árbore xenealóxica ata onde sexades capaces de chegar (o máis atrás posible)
Digo comezar a facela e ir indagando, non facela nun só día. Non é para rematar hoxe. É para que vaiades recopilando información
Hai unha aplicación online moi chula que non tedes que descargar e vos permite traballar desde a tablet ou desde o ordenador. Só tedes que iniciar coa vosa conta de Google e estaría lista para ser utilizada. O enderezo web é o seguinte:
https://coggle.it/

3. Hoxe, mércores ás 17:00 horas haberá un directo con experimentos que arrancará desde aquí a esa hora exacta.


4. Seguir aprendendo a canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)


Ciencias sociales

lunes, 27 de abril de 2020

Martes, 28 de abril

1. Seguir traballando no diario que comezamos a semana pasada. Para que non haxa líos de uns entregalo a diario, outros que deixen todo para o final, procurade enviarmo todos cada final de semana.

2. Desde hoxe ata o día 8 de maio, facer ou colaborar nalgunha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)
Un vídeo dunha receita cada día ata o venres da vindeira semana explicando a súa elaboración. Podedes entregar os vídeos desta semana e da próxima ben ao final de cada día ou ben todos xuntos ao final da vindeira semana.

3. Lembrade ler o libro virtual que elexistes e do que se vos pasou a clave,  algún dos que vos pasara a semana pasada ou algún que teñades na casa.
Entregar un resumo do mesmo con data límite do 9 de maio

4. Anotar cousas que vos gustaría repasar, que vos gustaría facer ou vos gustaría aprender nestes días, consultas, curiosidades ou dúbidas que teñades..., sexan da temática que sexa.

5. Aprender a seguinte canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)


6. Seguir traballando na montaxe proposta a semana pasada sobre o voso confinamento empregando algunha APP semellante a iMovie que empregaran cos iPads. Nas tablets deles ou nos teléfonos, poden empregarse APPs como Magisto, VivaVideo ou outras similares. (Así estaremos traballando lingua, a creatividade, expresión oral...)
Tamén poderían facer un Stop Motion (en lugar da video-montaxe) cos recursos que teñan a man. Por exemplo PicPac Stop Motion que xa usaron o ano pasado e máis este.
Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo era o seguinte:
https://www.facebook.com/moises.ferreiro/videos/10216137974193229/

ACTIVIDADE VOLUNTARIA DE TARDE:
Edelvives Live é un espazo diario de diversión que comeza ás 17:30 no que poderán disfrutar de contacontos, encontros con autores... A transmisión en streaming terá lugar na seguinte canle de Instagram:

Teorema de Pitágoras

RESUMO ACTIVIDADES CONFINAMENTO

Como hai nenos/as que comezastes tarde, outros que dicides non atopar as actividades, indícovos que están todas na columna dereita do blogue, tanto as que cito a continuación como moitas outras máis.

Aquí vos fago un resumo dalgunhas delas cos seus respectivos links para que as fagades aqueles que aínda non o fixestes.

Aquí tedes o listado da maioría das cousas que se pediron e había que facer para aqueles que aínda non comezastes

Non esquezades realizar as actividades PENDENTES da seguinte lista:






















Programas para aprender

Lembrade que tódolos días, tanto en Clan, como en TVE 2, así coma en TVG 2 tedes programas educativos ao voso alcance. Tedes así mesmo, un enlace no blog como xa vos expliquei cun videotitorial a semana pasada. Dese xeito, non tedes que madrugar e podedes velo cando vos apeteza.
Aquí tedes os horarios dos de Clan e TVE 2:

https://aprendoencasa.educacion.es/wp-content/uploads/2020/04/Horario_Primaria_Secundaria-2.png

E na TVG2 tedes a serie Érase unha vez o home e despois varios miniprogramas de experimentos e cultura xeral

O Código Morse

Abecedario morse

Hoxe, 27 de abril é o Día Mundial do Código Morse, un dos sistemas de comunicación máis usados na antigüidade, mesmo no Titanic como xa sabes.

domingo, 26 de abril de 2020

Reto EF

Aquí vos deixo un reto do mestre de EF para que o intentedes nas vosas casas os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º:

Luns, 27 de abril

1. Seguir traballando no diario que comezamos a semana pasada. Para que non haxa líos de uns entregalo a diario, outros que deixen todo para o final, procurade enviarmo todos cada final de semana.

2. Desde hoxe ata o día 8 de maio, facer ou colaborar nalgunha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)
Un vídeo dunha receita cada día ata o venres da vindeira semana explicando a súa elaboración. Podedes entregar os vídeos desta semana e da próxima ben ao final de cada día ou ben todos xuntos ao final da vindeira semana.

3. Lembrade ler o libro virtual que elexistes e do que se vos pasou a clave,  algún dos que vos pasara a semana pasada ou algún que teñades na casa.
A editorial Anaya permite acceder gratuitamente a 3 títulos para lectores a partir dos 8 e 10 anos:
"El misterio de la casa del terror de Equipo Lechuza"
Para o día 9 de maio teredes de prazo para entregar un resumo del pero xa vos indicarei cómo o quero e os requisitos que ha de reunir.

4. Repasar as opcións facilitadas a través da canle de Facebook e os diferentes post vistos nas últimas semanas no blog:

5. Anotar cousas que vos gustaría repasar, que vos gustaría facer ou vos gustaría aprender nestes días, consultas, curiosidades ou dúbidas que teñades..., sexan da temática que sexa.

6. Ver os capítulos 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de Érase una vez los inventores facendo un pequeno resumo (neste caso quero que o resumo sexa oral cun pequeno vídeo de cada capítulo ou de todos en xeral).
Lembrade que estaban no seguinte link:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/erase-una-vez-los-inventores.html

7. Seguir traballando na montaxe proposta a semana pasada sobre o voso confinamento empregando algunha APP semellante a iMovie que empregaran cos iPads. Nas tablets deles ou nos teléfonos, poden empregarse APPs como Magisto, VivaVideo ou outras similares. (Así estaremos traballan do lingua, a creatividade, expresión oral...)
Tamén poderían facer un Stop Motion (en lugar da video-montaxe) cos recursos que teñan a man. Por exemplo PicPac Stop Motion que xa usaron o ano pasado e máis este.
Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo era o seguinte:
https://www.facebook.com/moises.ferreiro/videos/10216137974193229/

8. Tentar facer o reto que propuxo o mestre de EF:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/reto-ef.html

ACTIVIDADE VOLUNTARIA DE TARDE:
Edelvives Live é un espazo diario de diversión que comeza ás 17:30 no que poderán disfrutar de contacontos, encontros con autores... A transmisión en streaming terá lugar na seguinte canle de Instagram:

viernes, 24 de abril de 2020

Salida de los niños


Semana 27 - 30 abril

Durante esta semana pedirásevos o seguinte (tentarei poñervos unha programación diaria estruturando e pedindo algunha cousa máis).
É a previsión pero agardade ao domingo á tarde que será cando vaia poñendo a programación por día

1. Seguir traballando no diario que vos comentei
2. Desde hoxe ata o día 8 de maio, rexistrar unha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita nun folio, caderno e facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara que logo me pasaredes para propoñervos actividades sobre ela. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas...
3. Lembrade ler algún libro dos que vos pasara semanas atrás ou os 3 facilitados online a pasada semana
4. Repasar as opcións facilitadas a través da canle de Facebook e os diferentes post vistos nas últimas semanas no blog:
5. Anotar cousas que vos gustaría repasar, que vos gustaría facer ou vos gustaría aprender nestes días, curiosidades ou dúbidas que teñades... Refírome a dúbidas, curiosidades, consultas de diversa índole que teñades, sexan da temática que sexa. Para as vindeiras semanas traballarase con iso.
6. Aprender a seguinte canción en lingua de signos:


NOTA:
Ademais das actividades anteriores, ver os capítulos 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de Érase una vez los inventores facendo un pequeno resumo (neste caso quero que o resumo sexa oral cun pequeno vídeo de cada capítulo ou de todos en xeral).
Lembrade que estaban no seguinte link:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/erase-una-vez-los-inventores.html

Vídeos "Móvete en casa"

A Consellería de Educación propón estos 3 vídeos para facer exercizo nas vosas casas:

Efecto invernadero

En esta semana tuvo lugar la celebración del Día Mundial de la Tierra que nos da cobijo y alimento y tan poco cuidamos.

Hoy en día, está más que nunca en la prensa y mass media debido a la bajada de los índices de contaminación. Podría darnos que pensar.

Infórmate aquí en qué consiste el efecto invernadero

Experimentos caseros para el fin de semana

Gramática (voz pasiva) e inglés



 

Ciencias naturales

jueves, 23 de abril de 2020

Miguel de Cervantes

Venres, 24 de abril

Nas últimas estase a falar de cambios substanciais nas nosas pirámides de poboación.
Repasa nos seguintes links a elaboración das mesmas e a súa interpretación:

Visualizar os vídeos sobre as máquinas que aparecen no seguinte post:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/as-maquinas.html

Remata as actividades pendentes de toda a semana e enviádeme o que teñades feito do voso diario

Levamos moito tempo na casa confinados/as, así que tocará aprenderse a seguinte coreografía e facer un pouco de exercizo. Podedes facer algunha modificación ou introducir algunha variación.
Así hoxe e este finde podes tentar aprendela e enviade un vídeo, polo menos do estribillo


Día mundial do Libro

Hoxe é o Día Mundial do Libro.
Dita data foi escollida porque o 23 de abril morreron 2 escritores de enorme prestixio a nivel mundial como foron Cervantes e William Shakespeare:

Frases de Cervantes en Don Quijote

Aquí he decidido hacer un pequeño homenaje a Miguel de Cervantes, seleccionando alguna de sus mejores frases utilizadas en Don Quijote







Curiosidades sobre Miguel de Cervantes

¿Por qué el 23 de abril es el Día Mundial del Libro?

Feliz Día del libro

La materia





miércoles, 22 de abril de 2020

Electricidade e magnetismo. Esquema Tema 8


Xoves, 23 de abril

A programación para hoxe será a seguinte:
1. Ver os capítulos do 7 ao 12 de Érase una vez los inventores e respostar ás seguintes preguntas. Lembrade que o link de acceso era o seguinte:
  1. ¿Que inventos aparecen destacados en el vídeo como proyectos de Da Vinci? Revisar bien el vídeo entero
  2. En uno de los vídeos se habla de Hipócrates. Hoy en día y, en esta época más que nunca, los médicos han demostrado su papel crucial en el cuidado de nuestra salud. Los médicos de hoy en día realizan el juramento hipocrático. Explica en qué consiste buscando información al respecto
  3. ¿Qué descubrieron los estudios de Galeno?
  4. ¿Quién intentó corregir los errores de Galeno?
  5. ¿Cuáles son los grandes inventos de Galileo que se citan en el vídeo?
  6. ¿Qué personajes famosos habían dicho también que la Tierra giraba alrededor del Sol?
  7. ¿Qué hizo Isaac Newton para tener localizadas siempre las ovejas?
  8. ¿Cuáles son los 2 prinicipales descubrimientos de Newton que aparecen en el vídeo?
  9. ¿Cómo hizo Buffon en el vídeo para fundir el hierro? ¿Podrías hacer algo similar?
  10. ¿A qué 2 conclusiones importantes sobre el agua llegó Antoine-Laurent de Lavoisier?
2. Hai nenos/as de 8 e 9 anos que compoñen cancións ou fan montaxes empregando iMovie dos iPads que teñen na casa. Poderían facer algo semellante. A APP iMovie xa o empregaron na clase para facer un trailer e unha pequena película. Pode empregarse Magisto, VivaVideo tamén, en caso de non ter iPad. Dese xeito traballan a creatividade, expresión oral... Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo é o seguinte:

Educación artística / EF



 

Experimentos con líquidos

Hoxe, a partires das 17:00 comezará o directo dunha nova emisión de experimentos para todos aqueles que o queirades ver e tentar realizar algúns deles.

Experimentos con burbujas

¿Qué cambios experimenta el agua?

martes, 21 de abril de 2020

Visitas virtuais a museos

Aquí tedes un webmix de museos para visitar museos que fixen.
Se coñecedes algún máis podo incorporalo.
Para velo en grande, ir á sección do blogue de bibliotecas virtuais e escoller a opción de Museos vituais ou acceder premendo aquí

Mércores, 22 de abril

Para este mércores, tocará realizar as seguintes actividades:
  • Visualizar os vídeos que vos adxunto neste post
  • Acceder ao seguinte recurso para traballar máquinas e palancas: https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/as-maquinas.html
  • Realizar o esquema do tema 8 de ciencias naturais. Adxuntaranse como de costume os orixinais de Mindomo e as exportacións a PDF e PNG ao correo electrónico (Lembrade que tedes a vosa conta de usuario con claves de acceso ao libro virtual, tedes o libro na casa e senón tamén vos mandei fotografías de dito tema por correo electrónico)
  • Seguir facendo o rexistro no diario que comezamos o venres da semana pasada
  • Ler algún dos libros virtuais que se recomendou a semana pasada e vos deixei os links ou algún que teñades na casa
  • Falar cos avós que teñamos ao carón ou por teléfono se é posible para preguntarlle sobre xogos da súa infancia ou refráns e ilos anotando facendo un recopilatorio para entregalos a finais de maio

Ciencias sociales: Economía



 

Nuevos recursos blog

Feliz cumpleaños

lunes, 20 de abril de 2020

As máquinas


Aprendendo chino

Xa que hoxe 20 de abril é o día mundial da lingua china, aquí vos deixo un pequeno vídeo que vos amosa uns pequenos trucos para aprendelo.

20 de abril: Día mundial da Lingua China


Programas educativos CLAN

Aquí podrás ver los diferentes episodios de Aprendemos en casa emitidos por Clan desde que comenzó la cuarentena. Haz clic encima de la imagen para seleccionarlos y visualizarlos.

https://www.rtve.es/infantil/series/aprendemos-casa-10-12/

Geometrría



 

Solución inglés

sábado, 18 de abril de 2020

viernes, 17 de abril de 2020

Martes, 21 de abril

Ver o post sobre animais que contén diferentes vídeos das diferentes clasificacións dos animais.

Visionar os seguintes links:

Analizar a seguinte oración:
Estudiaron cómodamente en la biblioteca los 2 temas de sociales durante la primera cuarentena para aprobar

Mira o seguinte vídeo, a partires do minuto 07:10 e toda a intervención de José Tubío para explicar os diferentes tipos de probas que hai para detectar o COVID así como os diferentes tipos de máscaras e fai un resumo

Hoxe é o Día Mundial da Creatividade e a Innovación. A creatividade abrangue desde a expresión artística ata a resolución de problemas no contexto do desenvolvemento económico, social e sostible. Pero nós non lle imos a adicar o día de hoxe senón parte da semana próxima e as semanas de maio. Así que ide descansando para poder quitarlle o máximo rendemento ás vosas capacidades.

IMPORTANTE:
Seguir o rexistro da planta desde que se sementa con foto diaria e unha breve descrición do proceso

Seguir co proceso de rexistro no diario que se vos comentou no post do venres:
"Desde o venres ou desde hoxe, teredes que comezar a escribir un diario contando o que che apetecía facer ao levantarte, actividades que fixeches ao longo do día que máis che gustaron e que había tempo que non facías, que anécdotas importantes aconteceron ao longo do día, qué botas de menos, qué cousas che apetece facer... Todo aquilo que che apeteza facer, un debuxo que se che ocorra, unha canción que desexes escoitar nese intre ou que te faga sentir tranquilo, que desexarías facer ese día, se botas en falta algo...
Ben poderedes facelo nun diario escrito, en follas soltas e logo gardar en carpetas confundas de plástico, ven facelo a través do ordenador, nunha libreta ou mesmo facer un vídeo-diario. Calquera cousa pode incorporarase: música, unha canción que che apeteza tocar e coa que agasallar aos demais. Debuxos feitos en papel que lle podes facer foto e adxuntala, algunha actividade que fagas cos teus pais como ler, facer teatro, cociñar, contar un conto...
Esta é unha das actividades máis importantes do trimestre, así como algunha outra que vai a vir

Os vídeos explicativos das preguntas da proba do Titanic levan desde onte subindo. A ver se algún dá tempo e o posteo aquí mesmo, á noite pero as respostas tédelas todas nese arquivo explicadas ao detalle pero para calquera dúbida ou consulta, xa sabedes que segue o correo á vosa disposición."

Los animales