Mostrando entradas con la etiqueta Cuerpo humano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cuerpo humano. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de marzo de 2014

Os dentes de leite e definitivos

Aquí poderás ver como está formada a nosa dentadura realmente.
Lembra que non só temos os dentes que vemos:

2 anos


5 anos


8 anos


Os dentes de leite

Resulta sorprendente que moita xente descoñeza que os seres humanos nacemos xa cos dentes definitivos. De feito comezan a formarse no neno/a nena antes de nacer.

Isto demostra a importancia da alimentación da nai durante o embarazo, pois diso dependerá a boa calidade da dentadura temporal como permanente.

En realidade non están todavía ben formados e precisan un recubrimento máis importante de esmalte para que poidan durar durante máis anos, un proceso que se irá facendo dende que  neno/a nace ata os 6 anos de idade.

Cando estes dentes están xa totalmente formados comezan a despuntar na encía gastando as raíces dos dentes de leite que comezarán a moverse ata a súa caída.