martes, 25 de febrero de 2014

Folión de Manzaneda

O son atronador do folión, con bombos, tambores, chocas e utensilios de labranza metálicos enche a localidade de Manzaneda durante este peculiar pasarrúas de carnaval, que nesta localidade é acompañado polo seu personaxe tradicional, a “mázcara”.
Os folións de Manzaneda son espectaculares polo seu ritmo acompasado e ininterrompido e a elegancia e colorido das “mázcaras”, cos seus característicos puchos engarzados con fitas de cores e os seus saltos e danzas de orixe arcaica. O gran folión ten lugar o Martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os folións de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Remata sempre cunha comida popular a base de porco: chourizos, cachucha, rabo..., a comida típica destas datas en Galicia.


No hay comentarios :

Publicar un comentario