viernes, 28 de marzo de 2014

Os dentes de leite

Resulta sorprendente que moita xente descoñeza que os seres humanos nacemos xa cos dentes definitivos. De feito comezan a formarse no neno/a nena antes de nacer.

Isto demostra a importancia da alimentación da nai durante o embarazo, pois diso dependerá a boa calidade da dentadura temporal como permanente.

En realidade non están todavía ben formados e precisan un recubrimento máis importante de esmalte para que poidan durar durante máis anos, un proceso que se irá facendo dende que  neno/a nace ata os 6 anos de idade.

Cando estes dentes están xa totalmente formados comezan a despuntar na encía gastando as raíces dos dentes de leite que comezarán a moverse ata a súa caída.


No hay comentarios :

Publicar un comentario