jueves, 29 de mayo de 2014

Túneles. Vías de comunicación

Algunhas vías de comunicación precisan túneles, xa sexan para pasar coches ou trens.
Dado que temos pasamos onte por algúns túneles, veremos aquí tuneladoras que se empregan para facer algúns deles e tamén unha maqueta de cómo está construido e os requisitos de seguridade que ha de ter así como unha maqueta coas saídas de emerxencia.
A meirande parte dos túneles españois son feitos a base de dinamita, voladuras, excavadoras e demais, pero dada a dureza do terreo, nun túnel de Vigo -único de Galicia- foi preciso empregar dúas tuneladoras.
Os seus nomes son LEBRE e MIÑOCA

Visto que é a única vez que están en Galicia e tan preto e que vimos o vídeo, sería bo que non desaproveitases a oportunidade e foses velas, xa que pode non voltar a presentarse esta oportunidade.
É difícil que estas cousas pasen máis dunha vez e as tuneladoras aínda seguirán aí por uns meses máis.

Fíxate no seu tamaño e lémbrate da información que nos deron no vídeo posto na aula:

Así e todo por se non podes ir a velas, lémbrate de cómo funcionaban e velaquí che queda unha foto das que hai facendo o túnel de Vigo por se as recoñeces.

No hay comentarios :

Publicar un comentario