viernes, 6 de noviembre de 2015

Conectar unha tablet ou teléfono móbil a un canón ou proxector

iPAD ou iPhone:



1ª opción:Se o canón nin o televisor dispoñen desta saída pódese mercar un adaptador de HDMI (femia) a VGA (femia) para conectar o dispositivo. Se non o houbera poderiades mercar un ladrón HDMI femia-femia para acoplar ao Chromecast e á outra saída do HDI conectar o adaptador de HDMI a VGA que vai ao canón.Conta coa ventaxa de que poderiamos movernos libremente pola aula e cada alumno podería mandar o sinal de modo inalámbrico ao canón ou á TV.
OLLO: oas cables non son bidireccionais. Se converte a sinal de VGA a HDMI non o fai á inversa e viceversa.

Conta coa ventaxa de que poderiamos movernos libremente pola aula e cada alumno podería mandar o sinal de modo inalámbrico ao canón ou á TV.
OLLO: oas cables non son bidireccionais. Se converte a sinal de VGA a HDMI non o fai á inversa e viceversa.
Empregar un conector con salida VGA no cal conectaremos o iPad ou iPhone nunha saída e o cable VGA do proxector á saída VGA que se ve na imaxe superior.





2ª opción:
Empregar o Apple TV. Require de saída HDMI polo que se o canón non dispón desta saída precisariamos dun convertidor HDMI a VGA.




3ª opción: 
Poucos canóns dispoñen desta tecnoloxía pero se teñen compatibilidade AirPlay poderiamos enviar pantalla da tablet ou móbil ao canón sen necesidade de instalar ningunha APP. Teriamos que buscar na tablet a opción Pantalla Miracast, pantalla inalámbrica ou análogos.






Android:


1ª opción:

Ao igual que o iPad ou iPhone empregar un conector MicroHDMI a VGA.


2ª opción:
Sería o homólogo ao Apple TV pero máis barato. Precisa dunha saída HDMI para conectalo ao proxector ou a un televisor.
Se non tivera saída HDMI o canón ou televisor podderíase mercar un ladrón HDMI femia a HDMI femia. Nun extremo poríase o Chromecast e noutro extremo un adaptador de HDMI a VGA (nesa dirección) e na saída VGA conectaríase o cable que vai ao canón.



3ª opción:
Non é unha saída de vídeo pero poderíase conectar o móbil ao proxector a través dun cable USB normal a USB mini. Teriades que ter un proxector con saída USB e aínda así non poderiades movervos.



4ª opción: 
Poucos canóns dispoñen desta tecnoloxía pero se teñen compatibilidade Miracast e DLNA poderiamos enviar pantalla da tablet ou móbil ao canón sen necesidade de instalar ningunha APP. Teriamos que buscar na tablet a opción Pantalla Miracast, pantalla inalámbrica ou análogos.



IMPORTANTE:
Lembrade que o Chromecast ten un novo sucesor que sería similar ao que vedes na seguinte imaxe.
O que empreguei na aula era a versión anterior.

Tanto para Apple TV como para Chromecast ou Ezcast é necesaria conexión WIFI.


Se queremos conectar tablets de Apple e de Android e non ter que mercar os 2 dispositivos podedes optar por mercar o EzCast.


No hay comentarios :

Publicar un comentario