viernes, 5 de febrero de 2021

Actividade cartel publicitario

O alumnado deberá facer un cartel publicitario (aproximadamente tamaño A3). 

O tema será realizar un cartel para o coidado do medioambiente e, especialmente, a sensibilización de coidado dos nosos bosques.

Poden terse en conta cuestións de importancia comentadas na aula como aportar sombra, osíxeno, alimento, axudan a previr incendios, a evitar a erosión.

Valería calquera soporte (papel, cartón, gomaespuma, madeira, troncos de árbores, polispan...)

Valorarase especialmente a creatividade, as ideas que aporte e o emprego de materiais de refugallo ou relacionados coas plantas. Eu comentáralle, por exemplo, facer unha árbore cuxas ramas sexan brazos e pernas e aporte follas con información ou que as raíces se xunten ou exemplos coma os seguintes:


 

No hay comentarios :

Publicar un comentario