viernes, 23 de abril de 2021

Semáforo casero

Un semáforo pode construirse de 2 xeitos:

1. Utilizando un cilindro metálico que conduce a corrente sobre o que se pega unhas tiras de cinta illante. Hai unha serie de contactos eléctricos apoiados na súa superficie do bote e a medida que vira vai activando os distintos contactos eléctricos, cando estes tocan as zonas do bote sen illante. Ten que haber un contacto sen cinta illante que é o común, o que pechará o circuíto. Cada un dos outros contactos abre ou pecha un circuíto eléctrico e vai acendendo cada unha das lámpadas.

2. Usando o mesmo cilindro pero no canto de tiras de cinta illante, colocaranse levas que irán accionando pulsadores para cada un dos elementos do circuíto.

descarga

A continuación déixovos un diagrama que vos axudará á realización do proxecto:

semaforo

E tamén unhas imaxes:



No hay comentarios :

Publicar un comentario