viernes, 8 de noviembre de 2013

A bandeira galega

A vixente bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Consistía inicialmente nunha cruz de San Andrés sobre fondo branco, pero a Mariña Imperial Rusa tiña unha insignia idéntica, o que provocou as protestas rusas. 
O goberno español colaborou coas demandas rusas e ordenou por decreto a modificación da bandeira o 22 de xuño de 1891, suprimindo un dos dous brazos da cruz, "para evitar as dificultades que puideran suscitarse", quedando polo tanto reducida a unha bandeira branca con faixa diagonal azul."



No hay comentarios :

Publicar un comentario