miércoles, 29 de abril de 2020

Jueves, 30 de abril

1. Ata o día 8 de maio, rexistrar unha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)

2. Continuar coa lectura do libro de lectura.

3. Tentade neste tempo libre, facer un visionado de fotos antigas cos vosos pais/nais, avós/avoas e tentade comezar a facer a vosa árbore xenealóxica ata onde sexades capaces de chegar (o máis atrás posible)
Digo comezar a facela e ir indagando, non facela nun só día. Non é para rematar hoxe. É para que vaiades recopilando información
Hai unha aplicación online moi chula que non tedes que descargar e vos permite traballar desde a tablet ou desde o ordenador. Só tedes que iniciar coa vosa conta de Google e estaría lista para ser utilizada. O enderezo web é o seguinte:
https://coggle.it/

4. Lembrade pasarme o diario que levades feito, xa sexa escrito, sonoro, a man, a ordenador, unha mistura de vídeos, de sons, de debuxos...

5. Seguir aprendendo a canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)


6. Seguir traballando na montaxe proposta a semana pasada sobre o voso confinamento empregando algunha APP semellante a iMovie que empregaran cos iPads. Nas tablets deles ou nos teléfonos, poden empregarse APPs como Magisto, VivaVideo ou outras similares. (Así estaremos traballando lingua, a creatividade, expresión oral...)
Tamén poderían facer un Stop Motion (en lugar da video-montaxe) cos recursos que teñan a man. Por exemplo PicPac Stop Motion que xa usaron o ano pasado e máis este.
Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo era o seguinte:
https://www.facebook.com/moises.ferreiro/videos/10216137974193229/

No hay comentarios :

Publicar un comentario