viernes, 17 de abril de 2020

Martes, 21 de abril

Ver o post sobre animais que contén diferentes vídeos das diferentes clasificacións dos animais.

Visionar os seguintes links:

Analizar a seguinte oración:
Estudiaron cómodamente en la biblioteca los 2 temas de sociales durante la primera cuarentena para aprobar

Mira o seguinte vídeo, a partires do minuto 07:10 e toda a intervención de José Tubío para explicar os diferentes tipos de probas que hai para detectar o COVID así como os diferentes tipos de máscaras e fai un resumo

Hoxe é o Día Mundial da Creatividade e a Innovación. A creatividade abrangue desde a expresión artística ata a resolución de problemas no contexto do desenvolvemento económico, social e sostible. Pero nós non lle imos a adicar o día de hoxe senón parte da semana próxima e as semanas de maio. Así que ide descansando para poder quitarlle o máximo rendemento ás vosas capacidades.

IMPORTANTE:
Seguir o rexistro da planta desde que se sementa con foto diaria e unha breve descrición do proceso

Seguir co proceso de rexistro no diario que se vos comentou no post do venres:
"Desde o venres ou desde hoxe, teredes que comezar a escribir un diario contando o que che apetecía facer ao levantarte, actividades que fixeches ao longo do día que máis che gustaron e que había tempo que non facías, que anécdotas importantes aconteceron ao longo do día, qué botas de menos, qué cousas che apetece facer... Todo aquilo que che apeteza facer, un debuxo que se che ocorra, unha canción que desexes escoitar nese intre ou que te faga sentir tranquilo, que desexarías facer ese día, se botas en falta algo...
Ben poderedes facelo nun diario escrito, en follas soltas e logo gardar en carpetas confundas de plástico, ven facelo a través do ordenador, nunha libreta ou mesmo facer un vídeo-diario. Calquera cousa pode incorporarase: música, unha canción que che apeteza tocar e coa que agasallar aos demais. Debuxos feitos en papel que lle podes facer foto e adxuntala, algunha actividade que fagas cos teus pais como ler, facer teatro, cociñar, contar un conto...
Esta é unha das actividades máis importantes do trimestre, así como algunha outra que vai a vir

Os vídeos explicativos das preguntas da proba do Titanic levan desde onte subindo. A ver se algún dá tempo e o posteo aquí mesmo, á noite pero as respostas tédelas todas nese arquivo explicadas ao detalle pero para calquera dúbida ou consulta, xa sabedes que segue o correo á vosa disposición."

No hay comentarios :

Publicar un comentario