viernes, 24 de abril de 2020

Semana 27 - 30 abril

Durante esta semana pedirásevos o seguinte (tentarei poñervos unha programación diaria estruturando e pedindo algunha cousa máis).
É a previsión pero agardade ao domingo á tarde que será cando vaia poñendo a programación por día

1. Seguir traballando no diario que vos comentei
2. Desde hoxe ata o día 8 de maio, rexistrar unha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita nun folio, caderno e facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara que logo me pasaredes para propoñervos actividades sobre ela. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas...
3. Lembrade ler algún libro dos que vos pasara semanas atrás ou os 3 facilitados online a pasada semana
4. Repasar as opcións facilitadas a través da canle de Facebook e os diferentes post vistos nas últimas semanas no blog:
5. Anotar cousas que vos gustaría repasar, que vos gustaría facer ou vos gustaría aprender nestes días, curiosidades ou dúbidas que teñades... Refírome a dúbidas, curiosidades, consultas de diversa índole que teñades, sexan da temática que sexa. Para as vindeiras semanas traballarase con iso.
6. Aprender a seguinte canción en lingua de signos:


NOTA:
Ademais das actividades anteriores, ver os capítulos 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de Érase una vez los inventores facendo un pequeno resumo (neste caso quero que o resumo sexa oral cun pequeno vídeo de cada capítulo ou de todos en xeral).
Lembrade que estaban no seguinte link:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/erase-una-vez-los-inventores.html

No hay comentarios :

Publicar un comentario