lunes, 13 de abril de 2020

Martes, 14 de abril

ACTIVIDADES A DESENVOLVER:
Comezar a maqueta do barco que vos puxen no blogue días atrás (os que non empezastes aínda) Recupero o link do post onde fora posteado:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/maqueta-barco.html

Facer esquema do tema 8 de ciencias sociais. Podedes facelo a man ou empregar Mindomo (APP na tablet ou programa instalable no ordenador) Remitilo antes do mércores ás 14 horas. Iranse mandando as correccións aos vosos esquemas en tempo real e arredor das 15:00 subirase un esquema que elaborei para que poidades comparar. Así mesmo, remitirase por correo electrónico o arquivo orixinal de Mindomo, a imaxe JPG do mesmo e o PDF correspondente.
Para ordenador:
https://www.mindomo.com/
Para tablet:
https://play.google.com/store/apps/details?id=air.com.EXswap.Mindomo&hl=es

Repasar os seguintes post do primeiro trimestre no blogue e que figuran a continuación. Así repasaremos a medición de escalas para aprender dos eros cometidos na proba sobre o Titanic
Escala:
Coordenadas:
Costas de España:
Relevo de España:

Repaso ortográfico:

Repaso dixestión/ respiración/ circulación:
https://josevilareducacion.blogspot.com/2020/04/digestion-respiracion-circulacion-y.html

EF
Un pouco de EF nunca vén mal. Neste programa de TVE2 teredes unha sesión e media hora de exercizos de 09:00 a 09:30. Para que non teñades que madrugar, déixovos aquí este vídeo. Ao rematar o vídeo de pouco máis dun minuto de duración, aparecen diferentes vídeos con distintos exercizos para practicar:
https://www.rtve.es/rtve/20200319/muevete-casa-cesc-escola/2010387.shtml

LIBROS OPCIONAIS DE LECTURA PARA ESTE MES:
A editorial Anaya permite acceder gratuitamente a 3 títulos para lectores a partir dos 8 e 10 anos:
"El misterio de la casa del terror de Equipo Lechuza"

Los descazadores de especies perdidas de Diego Arboleda e ilustracións de Raúl Sagospe (+10 anos)

ACTIVIDADE DE TARDE:
Edelvives Live é un espazo diario de diversión que comeza ás 17:30 no que poderán disfrutar de contacontos, encontros con autores... A transmisión en streaming terá lugar na seguinte canle de Instagram:

No hay comentarios :

Publicar un comentario