1. Seguir traballando no diario que comezamos a semana pasada. Para
que non haxa líos de uns entregalo a diario, outros que deixen todo
para o final, procurade enviarmo todos cada final de semana.
2. Desde hoxe ata o día 8 de maio, facer ou colaborar nalgunha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)
Un vídeo dunha receita cada día ata o venres da vindeira semana explicando a súa elaboración. Podedes entregar os vídeos desta semana e da próxima ben ao final de cada día ou ben todos xuntos ao final da vindeira semana.2. Desde hoxe ata o día 8 de maio, facer ou colaborar nalgunha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)
3. Lembrade ler o libro virtual que elexistes e do que se vos pasou a clave, algún dos que vos pasara a semana pasada ou algún que teñades na casa.
Entregar un resumo do mesmo con data límite do 9 de maio
4. Anotar cousas que vos
gustaría repasar, que vos gustaría facer ou vos gustaría aprender nestes
días, consultas, curiosidades ou dúbidas que teñades..., sexan da
temática que sexa.
5. Aprender a seguinte canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)
6. Seguir traballando na montaxe proposta a semana pasada sobre o voso confinamento empregando algunha APP semellante a iMovie que empregaran cos iPads. Nas tablets deles ou nos teléfonos, poden empregarse APPs como Magisto, VivaVideo ou outras similares. (Así estaremos traballando lingua, a creatividade, expresión oral...)
Tamén poderían facer un Stop Motion (en lugar da video-montaxe) cos recursos que teñan a man. Por exemplo PicPac Stop Motion que xa usaron o ano pasado e máis este.
Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo era o seguinte:
https://www.facebook.com/moises.ferreiro/videos/10216137974193229/
5. Aprender a seguinte canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)
Tamén poderían facer un Stop Motion (en lugar da video-montaxe) cos recursos que teñan a man. Por exemplo PicPac Stop Motion que xa usaron o ano pasado e máis este.
Prazo límite de entrega: 15 de MAIO
Un exemplo era o seguinte:
https://www.facebook.com/moises.ferreiro/videos/10216137974193229/
ACTIVIDADE VOLUNTARIA DE TARDE:
Edelvives Live é un espazo
diario de diversión que comeza ás 17:30 no que poderán disfrutar
de contacontos, encontros con autores... A transmisión en streaming
terá lugar na seguinte canle de Instagram:
No hay comentarios :
Publicar un comentario