martes, 28 de abril de 2020

Miércoles, 29 de abril

1. Ata o día 8 de maio, rexistrar unha comida que fagades en cada un dos diferentes días rexistrando a receita facendo vídeo coa tablet, móbil ou cámara explicando a receita e a elaboración. Indicar as cantidades, tempos de cocción, temperaturas... (Así estaremos traballando lingua, matemáticas, ciencias)

2. Tentade neste tempo libre, facer un visionado de fotos antigas cos vosos pais/nais, avós/avoas e tentade comezar a facer a vosa árbore xenealóxica ata onde sexades capaces de chegar (o máis atrás posible)
Digo comezar a facela e ir indagando, non facela nun só día. Non é para rematar hoxe. É para que vaiades recopilando información
Hai unha aplicación online moi chula que non tedes que descargar e vos permite traballar desde a tablet ou desde o ordenador. Só tedes que iniciar coa vosa conta de Google e estaría lista para ser utilizada. O enderezo web é o seguinte:
https://coggle.it/

3. Hoxe, mércores ás 17:00 horas haberá un directo con experimentos que arrancará desde aquí a esa hora exacta.


4. Seguir aprendendo a canción en lingua de signos: (Procurar tela aprendida para o venres)


No hay comentarios :

Publicar un comentario