jueves, 16 de abril de 2020

Venres, 17 de abril

ACTIVIDADES A DESENVOLVER:

Hoxe é o último día de entrega da maqueta do barco de Titanic.
Tamén era o último día de entrega da proba de Titanic que vola subín a Scribd xa coas correccións, como estades a ver:

Adxunteivos estes días xa os esquemas de sociais vía e-mail (formato Mindomo, JPG e PDF) e hoxe toca facer o esquema do tema 7 de ciencias naturais.
Posteriormente remitireivos por correo os feitos por min en formato Mindomo, JPG e PDF

Rematar actividades pendentes de toda a semana pasada e máis desta e exercizos de inglés

MOI IMPORTANTE:  
A partires de hoxe ou de mañá, teredes que comezar a escribir un diario contando o que che apetecía facer ao levantarte, actividades que fixeches ao longo do día que máis che gustaron e que había tempo que non facías, que anécdotas importantes aconteceron ao longo do día, qué botas de menos, qué cousas che apetece facer... Todo aquilo que che apeteza facer, un debuxo que se che ocorra, unha canción que desexes escoitar nese intre ou que te faga sentir tranquilo, que desexarías facer ese día, se botas en falta algo...
Ben poderedes facelo nun diario escrito, en follas soltas e logo gardar en carpetas confundas de plástico, ven facelo a través do ordenador, nunha libreta ou mesmo facer un vídeo-diario. Calquera cousa pode incorporarase: música, unha canción que che apeteza tocar e coa que agasallar aos demais. Debuxos feitos en papel que lle podes facer foto e adxuntala, algunha actividade que fagas cos teus pais como ler, facer teatro, cociñar, contar un conto...
Esta é unha das actividades máis importantes do trimestre, así como algunha outra que vai a vir

Os vídeos explicativos das preguntas da proba do Titanic levan desde onte subindo. A ver se algún dá tempo e o posteo aquí mesmo, á noite pero as respostas tédelas todas nese arquivo explicadas ao detalle pero para calquera dúbida ou consulta, xa sabedes que segue o correo á vosa disposición.

POR FAVOR, lede as respostas e mirade se as entendedes porque saberei perfectamente quen o fixo e quen non


EF
Un pouco de EF nunca vén mal. Neste programa de TVE2 teredes unha sesión e media hora de exercizos de 09:00 a 09:30. Para que non teñades que madrugar, déixovos aquí este vídeo. Ao rematar o vídeo de pouco máis dun minuto de duración, aparecen diferentes vídeos con distintos exercizos para practicar:


RELAX
Ter pequenos momentos no día para escoitar os sons dos bosques tropicais do planeta:


LIBROS OPCIONAIS DE LECTURA PARA ESTE MES:
A editorial Anaya permite acceder gratuitamente a 3 títulos para lectores a partir dos 8 e 10 anos:
"El misterio de la casa del terror de Equipo Lechuza"
Los descazadores de especies perdidas de Diego Arboleda e ilustracións de Raúl Sagospe (+10 anos)

ACTIVIDADE DE TARDE:
Edelvives Live é un espazo diario de diversión que comeza ás 17:30 no que poderán disfrutar de contacontos, encontros con autores... A transmisión en streaming terá lugar na seguinte canle de Instagram:

No hay comentarios :

Publicar un comentario