Pediádesme manualidades pero como non é plan de malgastar cartos
nin de atopar dificultades á hora de mercar produtos, aquí vos
fixen algunhas supersinxelas, pois cartóns, pinzas e roliños de
papel hixiénico hai en tódalas casas.
O único que pode parecer algo complexo é o globo aerostático pero
xa vos digo que é un globo de goma grande, papel de periódico, un
caixa de cartón, fabas caseiras, cordón, arame, témperas o
pinturas de colores e cola caseira.
Así tamén experimentades a facer cola caseira e aprendedes a usar
material presente nas vosas casas. Tentaremos emular a unha personaxe
de serie televisiva que me gustaba moito de pequeno como era McGyver.
A cola faise cun litro de auga, 190 mg de fariña poñendo o lume
baixo, 300 gramos de azucre, remexer abundantemente, 3 culleradas de
vinagre, 2 culleradas de bicarbonato, seguir removendo un intre e a
que sobre gardala nun bote pechado.
No hay comentarios :
Publicar un comentario