Despois de ver receitas curiosas caseiras coma a do xabón, plastilina, condutiva, slime, apórtovos a receita dunha pasta de dentes caseira.
A maioría das pastas de dentes comerciais están elaboradas con produtos químicos como blanquexantes, colorantes artificiais ou triclossan, empregado como axente antibacteriano para reducir a placa pero, a longo prazo, destrúe tódalas bacterias mesmo as necesarias para a boca e dana as células das enxivas
Neste caso non vos fago eu o vídeo, senón ADEGA por se así vos fiades máis.
Ingredientes:
- Auga
- Sal
- Arxila branca
- Esencia: Menta, tomiño ou a sarxa (desinfectantes e antiinflamatorios), romeu (analxésico, antiparasitario e antiséptico) e herbaboa (indicada para a halitose)
Preparación:
Facemos unha infusión concentrada (auga con herbas en abundancia)
Engadimos un pouco de sal (axudar ao branqueo natural dos dentes)
Coa auga morna botamos a infusión sobre a arxila ata conseguir unha textura homoxénea de crema.
Engadimos unhas gotiñas de esencia de menta para darlle sabor agradable e refrescante)
No hay comentarios :
Publicar un comentario