domingo, 3 de mayo de 2020

Luns, 4 de maio

O venres desta semana teredes que entregar:

1. O diario das últimas 2 semanas e o desta cos recursos visuais, auditivos ou escritos que fixerades e non entregastes. Os que mo fostes entregando a diario, só os que vos faltan

2. Un vídeo diario de cada unha das receitas que fixerades (folio, caderno e facendo un vídeo da elaboración da mesma) Podedes entregalas cada día ou ben o venres desta semana

3. Entregar un resumo do libro que escollestes e respostar ás cuestións que se vos formulen. Xa houbo alumnado que o entregou pero tedes ata o venres

4. Coa axuda das vosas familias (nais/pais e tamén axudados dos vosos avós/avoas) tentar facer a vosa árbore xenealóxica ata o máis lonxe que poidades.
Facédeo dunha maneira gráfica chula cun debuxo nun papel e tamén coa seguinte ferramenta online:
https://coggle.it/

5. Seguir traballando na montaxe sobre o voso confinamento (prazo de entrega: 15 de maio). Un exemplo de 2 nenos de cuarto curso:

6. Seguir rexistrando as fotografías da planta e comentar nunha liña ou 2 o que acontece en cada foto

7. Entregar listado de cousas que interesantes que vos gustaría aprender na escola (vale por escrito, con grabación de audio ou con vídeo)

8. Entregar a grabación da canción en lingua de signos e tamén mínimo a coreografía do estribillo da canción do Coronavirus.

No hay comentarios :

Publicar un comentario