miércoles, 13 de mayo de 2020

Xoves, 14 de maio

1. Repasar tódalas curiosidades do blogue posteadas esta semana.

2. Indagar sobre os diferentes peixes que hai no Río Tea e informar das súas características básicas. Vale entregar imaxe do peixe e un pequeno texto a man coas súas características físicas, alimentarias e reprodutivas ou ben empregar algunha das APP da tablet que xa vimos. APPs de vídeo como VivaVideo ou Filmora, APPs para facer falar ao peixe e que nos conte el mesmo as súas características como iFunFace ou ChatterPix, APPs coma Thinglink coa foto do peixe e logo que vaiades anexionando texto e vídeos explicando como fixestes cos países de Europa no trimestre pasado (bandeira, moeda...) ou calquera outra APP análoga.

3. Agora que podedes saír a pasear, aproveitade a facerlle unha foto a algún patrimonio (igrexa, cruceiro, fonte, árbore singular, pazo) e aportar información do mesmo (século de construción, utilidade...). Pode ser a man.

No hay comentarios :

Publicar un comentario