jueves, 4 de julio de 2024

Animais mariños máis grandes do mundo

Balea azul

A balea azul é o animal máis grande do planeta Terra, e na actualidade é unha das especies máis afectadas polas prácticas do ser humano. Na idade adulta mide entre 24 e 26 metros e pode alcanzar as 120 toneladas de peso. Habita en todos os océanos e é un animal migratorio. Un dos datos máis rechamantes sobre a balea azul é que os seus cantos se poden ouvir a 1.500 quilómetros de distancia.

Cachalote

O cachalote é un dos animais mariños máis grandes que existen. Un cetáceo que se atopa en todos os océanos do mundo excepto no océano Árticou. Mide entre 16 e 20 metros e pode pesar ata 57 toneladas. É capaz de mergullarse a tres quilómetros de profundidade e a capa de graxa debaixo da pel ten ata 35 centímetros de grosor. O cachalote é carnívoro e as luras son a súa principal fonte de alimentación .

Elefante mariño do sur

O elefante mariño do sur ten un corpo grande e robusto. Presenta un gran dimorfismo sexual xa que os machos son moito máis grandes que as femias: eles chegan ao seis ou sete metros de lonxitude e os 4.000 quilos de peso, mentres que elas miden entre tres e catro metros e pesan 800 quilos. Pode mergullarse a 1,3 quilómetros de profundidade e aliméntase de presas medianas e grandes.

Lura xigante

A lura xigante é un dos animais máis curiosos que existen. Trátase dun molusco cefalópodo que conta cunha gran cabeza alargada. Mide entre 10 e 13 metros de lonxitude, aínda que se acharon exemplares de 20 metros. Vive en todos os océanos do planeta Terra, aínda que as poboacións son menos abundantes en climas fríos e tropicais. Aliméntase de camaróns, peces e outras luras.

Quenlla balea

E, por último, a quenlla balea. Trátase do peixe máis grande do mundo e as principais poboacións atópanse en México e Filipinas. Vive en océanos e mares cálidos e pode chegar a pesar máis de 34 toneladas e medir ata 12 metros. Non é unha especie carnívora, senón que se alimenta basicamente de plancto.

No hay comentarios :

Publicar un comentario