viernes, 15 de mayo de 2020

CURIOSIDAD 29: Facer xabón con aceite usado e sosa cáustica

Tempo de preparación:
120 minutos
Recomendacións:
Buscar un sitio ben ventilado.
Empregar gafas e luvas protectoras. A sosa é moi corrosiva e non debe de tocar a pel.
O aceite coa mestura de agua e a sosa caústica teñen que estar á mesma temperatura.
Materiais:
Delantal ou bata de mangas largas.
Gafas de protección para os ollos.
Batedora de man.
Balanza de cociña de precisión.
Luvas de latex, goma ou vinilo.
Cacerolas de cociña de aceiro inoxidable. NUNCA de metal (nin aluminio, nin ferro, nin zinc) porque a sosa cáustica é corrosiva e danaríaos.
Termómetro de alcol (non usar de mercurio).
Moldes de plásticos ou madeira.
Utensilios de plástico o madeira para axitar la mestura.
Un estante aillado de altas temperaturas para curar o xabón.
Ingredientes:
1 L de aceite usado
1 L de agua
200 g de sosa cáustica (roupa)
130 g de sosa cáustica (cosmético)
1 cullerada de sal común (20 g)
Elaboración:
  1. Empregar una balanza para pesar os ingredientes, non vale a OLLO
  2. Colar o aceite usado para eliminar calquera impureza.
  3. Quentar a agua e o aceite por separado. Una vez quente, botar a auga no recipiente de aceiro.
  4. Incorporar a sosa cáustica de forma lenta e paulatina para evitar que salpique procurando que non haxa más de 5º de diferenza, removendo en forma constante e no mesmo sentido, para evitar que se corte (OLLO!! nunca á inversa pois a reacción química que se produce pode provocar importantes queimaduras na piel). 
    A mestura quentarase moito en poucos segundos e liberará vapores irritantes. Por iso é moi importante que o recipiente resista temperaturas elevadas e que o fagas nun lugar despexado evitando respirar directamente sobre el recipiente. Para diluír completamente a sosa na auga farémolo cun pau de madeira ou de aceiro inoxidable con movementos suaves e constantes na mesma dirección. Pode empregarse a batedora a potencia suave con moito coidado de non salpicar. Despois de facer xabón, lávaa varias veces moi a conciencia.
  5. Cando teña unha espesura similar á da maionesa, poden agregarse colorantes naturais e aceites aromáticos, sempre e cando a temperatura sexa inferior a 40ºC. Agrega tamén o sal. Unha vez disolto, deixaremos que arrefríe.
    Verteremos nos moldes de xabón e cubriremos cun pano para que non perdan temperatura demasiado rápido. Os moldes poden ser cartóns de leite, moldes para tortas, caixas de bombóns, envoltorios de plástico ríxido de productos electrónicos...
    Desmoldar pasadas 48 horas ou cortar en porcións e deixar endurecer durante un mes. Antes, non é recomendable utilizalo xa que aínda habería restos de sosa.
    Para dar cor:
    • Vermella: infusión de raíz de alcaneta ou flores de bignonia vermella
    • Amarelo Pálido: Polvo de xenxibre ou de raíz de lirio.
    • Laranxa: Polvo de pimentón ou de cayena.
    • Rosa: Infusión de remolacha ou de pétalos de rosas.
    • Morado: Infusión de flor de violetas, flor de lirio morado ou flor de lavanda.
    • Marrón: Polvo de canela ou de cacao.
    • Beige: Infusión de té ou de cáscara de cebola común.
    • Verde: Infusión de menta, té verde, ortiga, folla de romero ou hedra.
    • Azul: Infusión de baias de ciprés, flor de lirio azul ou de manzanilla romana.
    • Branco: Polvo de talco, aínda que sen abusar.
Hoxe en día, podemos substituír a sosa por un produto chamado SOUJI

No hay comentarios :

Publicar un comentario