viernes, 15 de mayo de 2020

CURIOSIDAD 31: Cola branca caseira

Hoxe resólvovos as dúbidas ou curiosidades para que elaboredes os vosos propios materiais caseiros:
COLA BRANCA CASEIRA:

Ingredientes:

  • 750 ml de auga
  • 50 g de fariña de trigo
  • 1 cullerada de vinagre

Elaboración:

Botamos a fariña dentro dunha pota e imos agregando a auga pouco a pouco, mesturando cun batidor para que non se formen grumos.
Despois de agregar toda a auga, botar o vinagre e poñelo a fogo lento mesturando co batidor ou unha cullerada para evitar que se pegue á pota ou formen grumos. Cando comece a ferver, cociñamos por 3-4 minutos e retiramos. 
Deixamos arrefriar e unha vez que a cola estea fría, podemos agregar algún colorante alimentario ou mesmo brillantina.
Colócao nun envase de vidro e pono no frigorífico para que se manteña frío. Esta cola poderás usala durante 2 semanas.
Un método máis rápido é mesturar 1 vaso de auga con medio vaso de fariña

No hay comentarios :

Publicar un comentario