SLIME CASEIRO:
SLIME con deterxente líquido
Ingredientes:
- 1/4 de cola branca
- Deterxente líquido
- 1/2 de auga
- Colorante alimentario
Elaboración:
1. Botar nun recipiente, 2 culleradas de cola branca.
2. Engadir o colorante alimentario ata obter a cor desexada.
3. Mesturar, noutro recipiente, 2 culleradas de deterxente líquido e unha cullerada de auga. Remexer ben ata que todo quede moi homoxéneo.
4. Mesturar ambos recipientes e amasar ata obter o slime desexado. Se a masa queda algo seca, podes engadirllle algo de líquido e, se a masa queda demasiado líquida, engade máis cola.
SLIME con almidón
Ingredientes:
- 1/2 taza de cola branca
- 1/4 taza de almidón
- 1/2 taza de auga
- Colorante alimentario
Elaboración:
1. Mesturar a auga e a cola nun recipiente
2. Engadir o colorante alimentario
3. Verter o almidón líquido
4. Amasar coas mans ata que deixe de estar duro e mude a consistencia
SLIME con maicena
Ingredientes:
- 1/3 de taza de maicena
- 1/3 de taza de xampú ou xabón líquido
- Colorante alimentario
Elaboración:
1. Mesturar a maicena e o xampú ata que se disolva ben.
2. Agregar o colorante artificial
3. Ir agregando máis maicena ata obter a testura axeitada
4. Deixa reposar uns minutos e continua amasando ata que non se che pegue nas mans.
5. Para que sexa máis suave podes engadir un pouco de aceite
SLIME con pasta de dentes
Ingredientes:
- Pasta de dentes
- Cola branca
- Colorante alimentario
Elaboración:
1. Reparte a cola en varios recipientes
2. Engadir o colorante alimentario.
3. Poñer un pouco de pasta de dentes e mesturar ata conseguir a testura axeitada.
No hay comentarios :
Publicar un comentario